Automatización para asesorías e xestorías

Menos tempo perseguindo documentos, máis tempo para asesorar.

Facturas que chegan por email, documentos que se envían por WhatsApp, clientes que aínda non entregaron o que falta e outros que preguntan como vai o seu trámite. Mentres tanto, alguén do equipo ten que descargar arquivos, movelos dun cartafol a outro, comprobar que está pendente e lembrarse de enviar os lembretes.

Hai moitas tarefas arredor do traballo fiscal, laboral ou contable que seguen dependendo de procesos manuais. Podemos axudarche a automatizalas.

Analizamos como traballa a túa asesoría, que ferramentas utilizas e onde se está a perder tempo para deseñar automatizacións que encaixen coa túa forma de traballar.

Automatización para asesorías

A intelixencia artificial para asesorías davos o tempo que necesitades

Nunha asesoría son habituais situacións coma estas:

Automatizacións para asesorías e xestorías

Escolle que podemos automatizar.
Consultorías e despachos profesionais

Recepción e clasificación automática de documentación

Que chegue un documento non debería significar comezar outra tarefa.

Un cliente envía unha factura, un contrato ou calquera outra documentación. O sistema pode identificar a que cliente pertence, recoñecer o tipo de arquivo, clasificalo e levalo ao lugar correspondente. Segundo as ferramentas dispoñibles, tamén pode comprobar se falta documentación e actualizar o seu estado.

Que consegues?
Menos tempo descargando, renomeando e colocando arquivos. Menos documentos perdidos e unha xestión máis ordenada.

Desde
1.250€

Control de documentación pendente e lembretes

Deixar de perseguir papeis tamén é automatizar.

Quen enviou xa as facturas? A quen lle falta un documento? A quen había que volver escribir hoxe?

Podemos crear un fluxo que controle que documentación está pendente e envíe automaticamente os lembretes correspondentes.

Contacta agora

Xestión e clasificación do correo electrónico

Porque a caixa de entrada tamén xera traballo.

Moitas asesorías reciben decenas de correos ou WhatsApp relacionados con documentación, consultas, trámites, clientes ou tarefas internas. Podemos automatizar parte dese primeiro traballo e preparar respostas ou borradores para mensaxes recorrentes, mantendo sempre a revisión humana cando sexa necesaria.

O resultado?
Menos tempo organizando a caixa de entrada e máis facilidade para que cada asunto chegue á persoa axeitada..

Alta de clientes e apertura de expedientes

Alta de clientes e apertura de expedientes

Un novo cliente, os mesmos dez pasos de sempre.

Dar de alta un cliente adoita implicar recoller os seus datos, solicitar a documentación, crear cartafoles ou expedientes, incorporalo ás ferramentas, informar o equipo e enviar as primeiras comunicacións. Ademais, hai que comprobar que falta e facer seguimento ata completar o proceso.

Se o procedemento se repite, podemos deseñar un fluxo que faga automaticamente boa parte dese traballo.

Xeración asistida de documentos e comunicacións

Xeración asistida de documentos e comunicacións

Comezar sempre desde unha páxina en branco non é eficiente.

Emails, comunicacións recorrentes, cartas, resumos ou documentos internos poden prepararse automaticamente a partir de información xa dispoñible. O sistema recompila os datos e xera un primeiro borrador para que o profesional o revise antes de utilizalo.

Especialmente útil cando a estrutura se repite e o que cambia son os datos de cada cliente ou expediente.

Xestión de consultas e documentación por WhatsApp

Xestión de consultas e documentación por WhatsApp

Cando WhatsApp se converte nunha ferramenta de traballo, tamén necesita organización.

É cómodo para o cliente, pero xera traballo interno: mensaxes pendentes, arquivos que hai que reenviar, conversas no móbil equivocado ou dúbidas sobre quen xestiona cada asunto. Por exemplo, o sistema pode:

  • Clasificar consultas por departamento: laboral, fiscal, contable…
  • Identificar o cliente e organizar as súas conversas.
  • Marcar cada consulta como pendente, en curso ou resolta.
  • Reenviar documentos ao departamento correspondente.
  • Facilitar avisos e lembretes aos clientes.

Que consegues?
Menos mensaxes sen responder, menos documentos perdidos e unha relación máis ordenada cos teus clientes.

Desde
1.200€

Non necesitas cambiar todo o que xa utilizas

Non imos pedirche que tires o voso programa de xestión, cambies todas as ferramentas da asesoría e comeces desde cero.
A tecnoloxía ten que adaptarse á asesoría, non a asesoría á tecnoloxía.

Primeiro queremos saber:

1

Como traballades.

2

Que programas utilizades.

3

Onde se repiten tarefas.

4

Que ferramentas poden conectarse.

5

E que paga realmente a pena automatizar.

Como traballamos?

01.

Cóntasnos onde se perde o tempo

Non fai falta que saibas que tecnoloxía necesitas. Explícanos que proceso resulta pesado, que tarefa se repite constantemente ou onde se acumula o traballo administrativo.

02.

Analizamos como funciona agora

Revisamos o proceso, as ferramentas implicadas e as súas posibilidades de integración.

03.

Deseñamos e implementamos a solución

Definimos o fluxo, conectamos as ferramentas necesarias e desenvolvemos a automatización.

04.

Probamos, medimos e axustamos

Comprobamos que funciona en situacións reais e realizamos os axustes necesarios antes de dar o proceso por pechado. Cando a solución necesita seguimento, podemos encargarnos tamén do seu mantemento.

Contacta agora

Comeza xa a
automatizar a túa xestoría


    INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS
    O responsable do tratamento é VISUAL PUBLINET S.L. e a finalidade é xestionar a súa solicitude. A base legal do tratamento é a execución dun contrato / prestación de servizos. Os seus datos non se comunicarán a terceiros, agás por obriga legal, e conservaranse mentres non solicite a súa cancelación. Pode acceder, rectificar e suprimir os datos, así como exercer outros dereitos, segundo a información adicional que pode consultar aquí.

    Preguntas frecuentes
    sobre a automatización de asesorías

    Depende da complexidade do fluxo, do número de ferramentas que haxa que conectar e das posibilidades de integración do software que utilicedes.

    Automatizacións sinxelas poden partir duns 800€, mentres que procesos con varias integracións ou desenvolvementos específicos requiren unha valoración máis detallada.

    Antes de comezar terás un orzamento definido.

    Depende do programa. Algúns ofrecen APIs ou sistemas de integración e outros son moito máis pechados. Estudámolo antes de formular a solución para evitar prometer unha conexión que tecnicamente non sexa posible.

    Podemos automatizar tarefas de recompilación, clasificación, traslado de información ou preparación de documentación. As decisións fiscais, contables, laborais ou xurídicas que requiran criterio profesional deben permanecer baixo supervisión e responsabilidade do asesor.

    Non todas.

    Un fluxo sinxelo pode funcionar durante longos períodos con axustes puntuais. As automatizacións que dependen de APIs, servizos externos ou modelos de IA poden necesitar supervisión e pequenas adaptacións.

    Cando sexa necesario, indicarémolo desde o orzamento.

    A protección da información debe formar parte do deseño da automatización desde o principio. Antes de conectar unha ferramenta analizamos que datos necesita utilizar, onde se procesarán e que garantías ofrece cada provedor.

    Si. E moitas veces é o máis recomendable.

    Podemos comezar por un proceso moi concreto, comprobar canto traballo elimina e, a partir de aí, decidir se paga a pena automatizar outros.