Axencia GEO:
SEO para ChatGPT e motores de busca con IA
Se a túa empresa xa traballa o SEO, vas por bo camiño. Pero cada vez máis usuarios xa non buscan só en Google. Pregúntanlles directamente a ChatGPT, Gemini, Copilot, Perplexity e outros asistentes de intelixencia artificial.
Por iso o posicionamento GEO converteuse nunha peza clave para as marcas que queren seguir sendo visibles.
En Visual Publinet axudamos as empresas a adaptar a súa presenza dixital para que os seus contidos non só aparezan nos resultados tradicionais, senón tamén nas respostas xeradas por intelixencia artificial.
Porque a pregunta xa non é só se Google te atopa. A pregunta é se a IA te menciona.
Que é o posicionamento GEO?
Se te estás preguntando que demo é o GEO, a idea é sinxela. Preparar a túa marca para que tamén poida aparecer nas respostas de ferramentas como ChatGPT, Gemini, Copilot ou Perplexity.
O SEO axúdache a gañar visibilidade en Google. O posicionamento GEO vai un paso máis alá e traballa para que a intelixencia artificial entenda que fas, vexa o teu contido como fiable e poida terte en conta cando alguén pregunta por servizos coma os teus.
Non vén cargarse o SEO. Vén ampliarlo.
Porque mentres algunhas empresas seguen pelexando só por subir posicións en Google, outras xa están preparando a súa marca para aparecer directamente na resposta.
Que facemos como axencia GEO?
Revisamos que sabe internet da túa marca, como a interpreta a intelixencia artificial e que podemos facer para que comece a terte máis en conta. Pasamos das keywords aos prompts.
Traballamos aspectos como:
- Auditoría GEO e optimización web
- Autoridade temática e reputación dixital.
- Optimización de contidos para motores xerativos
- Datos estruturados e marcado avanzado.
- Presenza en fontes utilizadas por sistemas de IA.
- SEO Local
Especialistas en posicionamento GEO para empresas
A forma de buscar está cambiando. Antes o usuario entraba en Google, comparaba varias webs e decidía. Agora moitas veces pregúntalle directamente a unha IA e espera unha resposta clara.
Aí é onde entran os nosos especialistas en posicionamento GEO.
Unimos SEO, contido, estrutura web e intelixencia artificial para que a túa marca sexa máis fácil de entender, máis fácil de atopar e máis fácil de recomendar.
Non se trata de aparecer por aparecer. Trátase de estar presente xusto cando alguén pregunta polo que ti ofreces.
GEO vs SEO: dúas estratexias que funcionan mellor xuntas
O futuro non é GEO ou SEO. O futuro é SEO e GEO traballando de forma coordinada.
Google segue importando, e moito, pero xa non xoga só. Cada vez máis usuarios pregúntanlles directamente a ferramentas de intelixencia artificial e toman decisións a partir desas respostas.
Por iso traballamos o SEO e o GEO como parte dunha mesma estratexia, para que a túa marca poida aparecer en Google e tamén nos novos espazos onde os teus clientes comezan a buscar.
Porque estar arriba está moi ben, pero estar dentro da resposta pode ser aínda mellor.